Proceso

Do orzamento á tradución

En Tradym pode solicitar en liña un orzamento sen compromiso. Cando o reciba, pode formalizar o seu encargo de inmediato. O envío da documentación que desexa traducir e a entrega das traducións efectuarase integramente a través de Internet.

A súa tradución en só cinco pasos

1. Solicite un ORZAMENTO.
Recibirá un orzamento personalizado sen compromiso.


2. Aprobe
o orzamento.
Remítanos o orzamento asinado a través do correo electrónico, que supón a aceptación do prezo e prazo de entrega da tradución.
 

3. Inmediatamente lle asignaremos un xestor de proxectos que será o seu interlocutor durante todo o proceso. Encargarase da xestión da tradución cos membros do equipo que traballará co seu texto: tradutores, correctores e especialistas.

 
4. Ao finalizar o proceso, recibirá a tradución xunto coa factura correspondente.


5
. Unha vez recibidos os textos, deberá satisfacer o pagamento do importe da factura.
O seu xestor de proxecto quedará á súa disposición para calquera dúbida ou aclaración que desexe comentar sobre a tradución.