Inicio

Quen somos e que facemos

Tradym representa un novo concepto de servizos lingüísticos eficiente, áxil e fiable.
Tradym é sinónimo de calidade porque centramos todos os nosos esforzos en conseguir os mellores resultados.
A nosa estrutura de traballo en liña permítenos reducir gastos innecesarios para ofrecerlle a máxima calidade a prezos competitivos.

Os nosos servizos

Traducións e correccións óptimas realizadas por profesionais con ampla experiencia, especializados en diversos campos. Os nosos tradutores, correctores e especialistas son profesionais nativos das linguas de destino con dedicación exclusiva á tradución e con gran competencia lingüística.

Calquera combinación lingüística que precise. 
Somos especialistas en linguas europeas e asiáticas.

Mantemos a máis estrita confidencialidade con relación aos textos que xestionamos.

Interesantes descontos en función do volume de traballo.

Flexibilidade para adaptarnos ás súas necesidades cando e como o precise.